"CANDO A CANDELORIA CHOVE, MEDIO INVERNO VAI FÓRA"...
O MES DE FEBREIRO É O MES DO AMOR POR EXCELENCIA. O DIA 2, É O DÍA DA CANDELORIA, O DÍA DOS NAMORADOS GALEGOS, E O 14 O FAMOSO DÍA DE SAN VALENTÍN.
TRATAMOS DE FOMENTAR NAS AULAS O CARIÑO E O RESPECTO ENTRE OS COMPAÑEIROS E O DÍA DE SAN VALENTÍN COMO OS NENOS VIÑAN TAN, TAN ENTUSIASMADOS TRABALLAMOS MÁIS QUE NUNCA A EXALTACIÓN DO CARIÑO E DO AMOR.
PRIMEIRO XOGAMOS Á "LOTERÍA DO CARIÑO", ONDE NOS PODE TOCAR ABRAZAR, BICAR OU PIROPEAR A UN COMPAÑEIRO.
TAMÉN FIXEMOS DEBUXOS CARIÑOSOS PARA AGASALLAR A ALGÚN COMPI E POR ÚLTIMO BAILAMOS E XOGAMOS. MÁIS QUE NUNCA, INSULTAR OU PEGAR ESTABA MÁIS QUE PROHIBIDO
DEIXAMOS ALGUNHA FOTIÑO. ESPERO QUE AS DISFRUTEDES TANTO COMA ELES.
27 feb 2014
1 feb 2014
DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA
COMO TODOS OS 30 DE XANEIRO DESDE 1964, EN CONMEMORACIÓN DA MORTE DE GANDHI, CELÉBRASE NOS CENTROS EDUCATIVOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. TRABALLAMOS MÁIS QUE NUNCA A IMPORTANCIA DE MEDRAR CON VALORES COMO A TOLERANCIA, O RESPETO E OS DEREITOS HUMANOS.
NAS CLASES DE 4 ANOS, ELABORAMOS UNHAS "PAZPALABRAS", PALABRAS QUE TEMOS RECORDAR PARA CONVIVIR NA ESCOLA E NA VIDA EN XERAL DE XEITO MÁIS PACÍFICO E CÍVICO.
NAS CLASES DE 4 ANOS, ELABORAMOS UNHAS "PAZPALABRAS", PALABRAS QUE TEMOS RECORDAR PARA CONVIVIR NA ESCOLA E NA VIDA EN XERAL DE XEITO MÁIS PACÍFICO E CÍVICO.
TRABALLAMOS TAMÉN NUN MURAL, CHEO DE PINGAS DE PAZ, QUE SE CONVERTIU NA NOSA APORTACIÓN PARA O MANIFESTO COMÚN QUE SE LEU O DÍA 30.
"QUE CHOVA PAZ"
O DIA 30, OS MAIORES DE 5º CURSO, COMO SINAL DE RESPONSABILIDADE, UNIÓN E SOLIDARIEDADE VIÑÉRONNOS BUSCAR A AULA PARA IR Á PISTA ONDE SE LEU UN MANIFESTO, CANTAMOS UNHA CANCÍON E SOLTAMOS AO AR O NOSO DESEXO DE MELLORAR A NOSA CONVIVENCIA
FESTA DA NEVE
VEÑA ALERTAS NARANXA, VEÑA CHOIVA E FRÍO,MÁIS A NEVE NON DA CHEGADO. Á PROFE BELÉN OCORREUSELLE TRAER A NEVE Á CLASE E MANDOUNOS UNHA INVITACIÓN PARA UNHA FESTA DA NEVE. CASE, CASE O PASARON IGUALIÑO QUE NUNHA ESTACIÓN DE ESQUÍ.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)