COMO XA TODAS E TODOS SABEDES, A SEMANA PASADA FOI O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
INTENTAMOS QUE DURANTE TODO O ANO, A NOSA LINGUA ESTEA PRESENTE NAS AULAS PERO TEMOS QUE DICIR QUE É DURANTE ESTA SEMANA ONDE NOS ACORDAMOS MÁIS DE USALA.
FACEMOS MOITAS ACTIVIDADES ENGLOBADAS NO QUE CHAMAMOS A SEMANA CULTURAL "SACA A LINGUA FÓRA"
ASI OS PEQUEN@S DE TRES, ESCOITAMOS MÁIS QUE NUNCA CONTOS EN GALEGO, ALGÚNS DELES INTERPRETADOS POR ALUMN@S DE 5º.
ESCOITAMOS UNHA VERSIÓN DOS TRES PORQUIÑOS, UN CONTO NO QUE OS PERSONAXES MALOS TRANSFORMÁBANSE EN BOS E OUTRA MOI DIVERTIDA VERSIÓN DA CINCENTA.
O NOSO AGRADECEMENTO AOS RAPACES PARTICIPANTES
HOUBO UNHA EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS, E COMO NON, NÓS TAMÉN COLABORAMOS. COMO ESTAMOS TRABALLANDO AO REDOR DOS INSECTOS, APROVEITAMOS PARA APRENDER OS SEUS NOMES EN GALEGO
ESCOITAMOS MÚSICA E VIMOS ALGUNHA QUE OUTRA CURTAMETRAXE EN GALEGO. LÁSTIMA QUE NON HAXA TANTAS COMO TEMOS EN CASTELÁN.
INVITAMOS AS FAMILIAS A QUE TEÑAN ISTO EN CONTA CANDO NOS MERQUEN ALGO.
EN GALEGO, POR FAVOR!!!
22 may 2013
13 may 2013
ANIVERSARIOS DE ABRIL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)