MOITAS FELICIDADES
22 oct 2012
ANIVERSARIO DE FRAN
OUTRA PITA MÁIS QUE XA CHEGOU AOS TRES ANOS. FRAN ESTIVO DE ANIVERSARIO O DÍA 20 PERO CELEBROUNO CON NÓS O VENRES.
A SÚA MAMÁ FIXO UNHA DELICIOSA Y ESPECTACULAR TARTA E TAMÉN UNHAS GALLETAS QUE FRAN REPARTIU ENTRE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. BUENO, VALE, AS PROFES TAMÉN LLES DEMOS UNS BOCADOS.
MOITAS FELICIDADES
MOITAS FELICIDADES
16 oct 2012
COMO SON OS DÍAS POR AQUI
MOITOS PAPÁS E MAMÁS ESTAREDES CANSOS DE PREGUNTARLLE AOS PEQUES QUE FIXERON, ONDE MERENDAN, EN QUE ANDAN TRABALLANDO...
NESTE VÍDEO IDES VER EN IMAXES UN POUCO COMO SON OS NOSOS DÍAS NA ESCOLA. SEMPRE COMEZAMOS CUNHA ASAMBLEA E REMATAMOS CUN CONTO OU UNHA CANCIÓN. TRATAMOS DE ENTRAR E SAÍR EN FILA, LAVÁMONOS ANTES DE MERENDAR E HAI VECES QUE TRABALLAMOS, OUTRAS XOGAMOS, EN GRUPO OU SÓS.
COMO XA SABEDES, O OBXECTIVO É QUE ESTEAN CONTENTOS E APRENDAN XOGANDO. ESPERO QUE VOS GUSTE O VÍDEO.
15 oct 2012
A LIBRETA DE INFORMACIÓN
COMO XA SABEDES, MANDAMOS UNHA NOTA, PEDINDO QUE OS NENOS E NENAS TROUXERAN UNHA LIBRETA DE INFORMACIÓN. A IDEA É QUE SIRVA DE MEDIO DE INFORMACIÓN PARA DAR RECADOS EN AMBOS SENTIDOS, DESDE A ESCOLA OU DESDE A CASA; TAMÉN SERVIRÁ PARA METER DENTRO AS CIRCULARES QUE SE MANDEN PARA ASEGURAR QUE NON SE PERDAN.
POLO TANTO É IMPORTANTE QUE A TRAIAN TODOS OS DÍAS NA BOLSA DA MERENDA E QUE A REVISEDES, NÓS AQUI TAMÉN O FACEMOS (NA HORA DO RECREO). NA MEDIDA QUE SE ACABE OU SE ESTROPEE, AGRADECEMOS QUE A CAMBIEDES.
MOITAS GRACIAS
14 oct 2012
ANIVERSARIOS DE SETEMBRO
AITANA E MARTÍN ACABAN DE CUMPLIR OS TRES ANOS. TROUXERON UNS BIZCOCHOS RIQUÍSIMOS PERO ALGO ABUNDANTES, COMPARTIMOS COA OUTRA CLASE E AÍNDA TIVO ALGÚN PROFE QUE BOTAR UN BOCADO PARA PODER REMATALO. MOITAS GRAZAS AOS PAPÁS.
Free digital slideshow generated with Smilebox |
8 oct 2012
O PRIMEIRO DÍA NA ESCOLA
XA TEMOS PITAS NOVAS NA RÍA. ALGUNHAS EMPEZARON CON ILUSIÓN, OUTRAS CON CURIOSIDADE E OUTRAS CON MOITOS, MOITOS MEDOS...
COIDO QUE XA REMATOU O PEOR, XA COMEZAN A VIR CON GANAS E CONTENTOS E MELLOR PORQUE ISTO SÓ ACABA DE EMPEZAR
AQUI DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS QUE SE FIXERON NO PRIMEIRO DÍA DA ESCOLA DESTA NOVA ROLADA DE PITAS.
BENVIDOS A TODAS AS FAMILIAS A ESTE PEQUENO BURATIÑO ONDE PODEDES SEGUIR OS PASOS DOS VOSOS PEQUES NA ESCOLA.
BO CURSO PARA TODOS/AS.
COIDO QUE XA REMATOU O PEOR, XA COMEZAN A VIR CON GANAS E CONTENTOS E MELLOR PORQUE ISTO SÓ ACABA DE EMPEZAR
AQUI DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS QUE SE FIXERON NO PRIMEIRO DÍA DA ESCOLA DESTA NOVA ROLADA DE PITAS.
BENVIDOS A TODAS AS FAMILIAS A ESTE PEQUENO BURATIÑO ONDE PODEDES SEGUIR OS PASOS DOS VOSOS PEQUES NA ESCOLA.
BO CURSO PARA TODOS/AS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)